luns, 18 de xullo de 2011

Benvida

Benvidos ó blog de convivencia do Ceip Valle- Inclán. ¿ Quen somos?  Unha comunidade educativa formada por máis de 500 rapaces e 40 profesores. Temos tamén un conserxe e dúas coidadoras.

¿ Onde estamos?  No alto de Perillo, no Concello de Oleiros na Coruña. Temos un dos coles máis bonitos do pais. Xa o comprobaredes nas fotos que imos ir mostrando.

¿ Que queremos?  Educarnos para ser boas persoas e ter un bo traballo no futuro. Dúas cousas ben simples pero que precisan de toda a dedicación dos nosos profes e os nosos pais.

¿ Por que este blog?  Porque de mates, ciencias, coñecemento do medio... e todas esas asignaturas que nos califican de insuficiente a sobresaliente todos temos moitos recursos e axudas , pero, de como aprender a ter un bo carácter e ser quen de convivir respectando ós demais e de resolver os nosos conflictos tun xeito pacífico, non temos tantos recursos.

Con este blog, o equipo de dinamización de convivencia e a nosa xefa de estudos, queren ir mostrando opinións, artigos, videos, libros, outros blogs...e traballos que se realizan no Centro.Vannos achegar distintos enfoques que poden servir de axuda a pais, profes e nenos. O blog está aberto á participación de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario